31/8/10

Bolsas Reciclaxe

Este ano podes levar as compras que fagas no Reciclaxe 2010 nestas bonitas shopping bags deseñadas polo noso amigo David Sierra coa nosa mascota Sabarís e, de paso, colaborar coa organización para poder repetir feira o ano que vén.


Poderás atopalas en varios postos distribuídos por todos os locais

30/8/10

Aviso importante para todos os participantes

Xa enviamos os mails de confirmación de posto. Se alguén non o recibiu e aínda non sabe en que local lle toca, por favor, que se poña en contacto con nós o antes posible.


Tamén están distribuídos os locais e os horarios das sesións dos dj's


En 5 días vémonos no Reciclaxe!!

29/8/10

Trae os máis pequenos ao Obradoiro de Reciclaxe

Dentro do Ruralita, a sala anexa ao Club Vademecwm, e de 12:00 a 14:00 h., terá lugar un Obradoiro de Reciclaxe para os máis pequenos no que, a partir de materiais de refugallo, ensinarémoslles a facer xoguetes, disfraces e unha morea de cousas coas que, de seguro, han gozar mentres os pais visitan os locais onde se desenvolve Reciclaxe 2010



Para isto precisamos toda a axuda posible: a todos os que teñades pensado achegarvos ao Reciclaxe pola mañá, e, sobre todo, aos que vaiades traer nenos e nenas ao obradoiro, pedímosvos que traiades todos eses elementos que, normalmente, tirades ao lixo, pero que ese día nos poden servir para vestir os nosos nenos e nenas de príncipes e princesas, de monstruosos polbos, ou facer xoguetes divertidísimos que logo poderán levar á casa: os cartóns do papel hixiénico e de cociña, as caixas dos cereais e das galletas, botellas de auga, latas de refrescos, envases de plástico, caixas de ovos, bolsas e todo o que pensedes que pode valer.

Contamos con vós!

26/8/10

Queres pinchar no Reciclaxe 2010?

Se queres pinchar no Reciclaxe 2010 aínda estás a tempo de apuntarte. Non importa que non sexas un dj profesional, esta pode ser a túa plataforma para darte a coñecer.
O vindeiro domingo 29 pecharemos o prazo de inscrición dos dj's que desexen colaborar con nós nesta edición de
Reciclaxe. Este ano, debido ao gran número de locais cos que contamos, necesitamos moitos dj's, cantos máis mellor. Por iso, se xa es un dj coñecido na cidade ou fóra, ou mesmo se queres lucirte no teu debut e que te coñezan nos locais vigueses, envíanos un correo electrónico a reciclaxe@yahoo.es e enviarémosche toda a información.




Anticipámosvos que as sesións serán de dúas horas, que podedes facer doblete (ou mesmo "triplete") e que o horario das pinchadas será durante toda a xornada, é dicir, de 11:00 a 23:00 h. O estilo, por suposto, poñédelo vós, pero sempre respectando a filosofía da feira e tendo en conta que se trata dunha sesión "de día" e que o volume ten que permitir que a xente se relacione e fale.

Moitas grazas e animádevos!

25/8/10

Ampliamos o número de locais. Cartel definitivo

Debido á gran demanda de xente que se apuntou este ano, ampliamos o número de locais para a celebración de Reciclaxe 2010. Os definitivos son: El Monstruo de un Solo Ojo, El Gato Negro, Boom Boom Room, Le Suite, Gólem, Lolita, Cantina Candela, La Fiesta de los Maniquíes, O Batallón, Bauhaus, Club Vademecwm e La Casa de Arriba, todos no barrio de Churruca.

Reciclaxe 2010 Cartel


O cartel definitivo (obra de David Sierra) podedes descargalo en alta resolución premendo aquí. Pregámosvos que lle deades a máxima difusión posible imprimíndoo e pegándoo onde vos pareza, subíndoo ao voso blog, facebook, etc. Grazas de antemán!
Se todo vai ben, esta fin de semana xa poderedes ver os carteis pegados nos locais e noutros puntos estratéxicos da cidade.

Confirmación de postos

Aviso importante para todos aqueles que solicitastes posto dentro do prazo sinalado e a organización non vos confirmou asistencia na pasada reunión, por mail ou por teléfono: debedes poñervos en contacto con nós antes do venres 27 a través de reciclaxe@yahoo.es ou a vosa preinscrición quedará anulada. A estas alturas, xa temos case todos os bares e postos pechados, así que é importante que confirmedes canto antes. Non admitiremos a ninguén que avise pasado o venres pola noite.
Aos confirmados, a partir do luns enviarémosvos un correo electrónico avisándovos de onde vos toca e cunha nova redacción das normas de participación.




Estamos facendo un gran esforzo para contentarvos a todos e que Reciclaxe 2010 saia o mellor posible. Moitas grazas pola vosa comprensión e... xa queda menos!!

24/8/10

Festa Presentación Reciclaxe 2010. Grazas!!

Moitísimas grazas a todos e a todas pola boa acollida que tivo a Festa Presentación Reciclaxe 2010 do pasado venres, en especial a Emilio José pola súa colaboración desinteresada.
Grazas tamén aos que cantastes no concerto, aos que bailastes cos
Zarpa e, en definitiva, aos que nos acompañastes ao longo de toda esta noite tan divertida.

E grazas moi especiais a Bea por facer de porteira. Nunca se sabe o que che pode deparar o futuro...


Podedes ver o resto das fotos aquí.

A seguinte, o día 4!!

20/8/10

Esta noite, Festa Presentación Reciclaxe 2010

Esta noite esperamos vervos a todos na Festa Presentación Reciclaxe 2010. Ás 23:00 h., no Club Vademecwm (Iglesias Esponda, 30), poderemos gozar dun concertazo de Emilio José e, logo, ao remate deste, a festa continuará na Casa de Arriba (Martín Códax, 23) cunha pinchada dos Zarpaelamor dilleis.

cartel festa presentación reciclaxe 2010

Podedes apuntarvos ao evento do facebook facendo click aquí.

A todos os participantes no vindeiro Reciclaxe 2010 lembrámosvos que, a iso das 19:00 h., temos reunión na Casa de Arriba.

18/8/10

Reunión + festa presentación

Xa enviamos vía mail as normas de participación a todos os que vos apuntastes ao Reciclaxe dentro do prazo marcado. Se por calquera motivo alguén non as recibiu, por favor, facédenolo saber para volvérvolas enviar.

Tamén está fixada a data para a primeira reunión, que será o venres 20 a partir das 19:00 horas na Casa de Arriba (Martín Códax, 23, Vigo). Alí estaremos os membros da organización para informarvos de calquera dúbida que poidades ter. Se non podedes vir á reunión, pregámosvos confirmedes por teléfono a vosa participación (os nosos teléfonos figuran no pdf das normas). Todos aqueles que o luns 23 non confirmásedes a vosa asistencia, ben na reunión, ben por teléfono, seredes automaticamente excluídos desta edición de Reciclaxe



Despois da reunión terá lugar a Festa Presentación Reciclaxe 2010 cun concerto de Emilio José no Club Vademecwm (Iglesias Esponda, 30) e unha posterior pinchada dos Zarpaelamor dilleis na Casa de Arriba. Nesta ligazón tedes o evento do facebook.

Esperámosvos a todos!

16/8/10

Reciclaxe 2010. Festa presentación

O vindeiro venres 20 terá lugar a festa presentación de Reciclaxe 2010 cun concerto de Emilio José no Club Vademecwm (Iglesias Esponda, 30). Logo, a festa continúa na Casa de Arriba (Martín Códax, 23) bailando ao ritmo dos Zarpaelamor dilleis.

cartel festa presentación reciclaxe 2010


Podes apuntarte ao evento do facebook facendo click aquí

Unha vez máis, a marabilla de cartel é obra de David Sierra. Coma no caso do oficial, tamén poderedes ver o cartel orixinal como parte das exposicións de Reciclaxe 2010.

Pedímosvos novamente que o descarguedes en alta resolución premendo aquí e lle deades a máxima difusión posible, imprimíndoo e pegándoo onde vos pareza, subíndoo ao voso blog, facebook, etc.

Mil grazas!!

9/8/10

Últimos días para apuntarse

O vindeiro día 15 pecharemos o prazo de solicitude de posto para o Reciclaxe 2010. Se aínda non te apuntaches, podes facelo no seguinte enderezo electrónico: reciclaxe@yahoo.es. Non aceptaremos ningunha solicitude fóra de prazo.

Aínda estades a tempo!


3/8/10

Reciclaxe 2010. Cartel

Xa temos listo o cartel desta nova edición de Reciclaxe, unha marabillosa obra de arte feita por David Sierra e fotografada por Xabilín

Mil grazas, amigos!!!

Reciclaxe 2010 Cartel


O cartel orixinal poderedes velo como parte das exposicións de Reciclaxe 2010

Tamén podedes descargalo en alta resolución premendo aquí. Pregámosvos que lle deades a máxima difusión posible imprimíndoo e pegándoo onde vos pareza, subíndoo ao voso blog, facebook, etc.

Grazas de antemán!

25/7/10

Pide xa o teu posto para o Reciclaxe 2010

Reciclaxe dáche a oportunidade de montar o teu propio posto de venda nesta terceira edición que se celebrará o vindeiro sábado 4 de setembro nalgúns locais (aínda por confirmar) do barrio vigués de Churruca. Se queres vender a roupa que xa non che cabe no armario, os broches ou as camisetas que fas ti mesm@ de xeito artesanal, os mobles que xa non queiras, cómics, vinilos, cd's... ou mesmo se tes unha tenda e queres desfacerte de pezas de coleccións pasadas, Reciclaxe 2010 é o espazo ideal para montar o teu outlet. Tendas como West Peak, La Churrería, Banda Deseñada ou xente como SinSal xa colaboraron connosco nas dúas pasadas edicións e, esperamos, repitan nesta.


Montar un posto no Reciclaxe 2010 é totalmente de balde; só tes que solicitalo enviándonos un mail ao enderezo electrónico reciclaxe@yahoo.es, indicando o teu nome, o que queres vender, algunha fotografía do material (só no caso de que sexa feito por vós) e un teléfono de contacto. A organización de Reciclaxe 2010 poñerase en contacto convosco en canto poida.
A día de hoxe xa temos unha morea de solicitudes novas, o que quere dicir que, en breve, pecharemos o prazo.
E se xa participaches nas edicións pasadas de
Reciclaxe, lembra que debes escribirnos igual para avisarnos de que queres repetir.

Moitas grazas e animádevos!! Este ano, Reciclaxe 2010 máis grande e mellor

19/7/10

Queres participar no Reciclaxe 2010?

Xa está aberto o prazo de solicitude para participar no Reciclaxe 2010, que terá lugar no barrio vigués de Churruca o vindeiro sábado 4 de setembro. Xa sabedes que, se queredes montar un posto para vender as vosas cousas, tedes que solicitalo canto antes enviándonos un mail ao enderezo electrónico reciclaxe@yahoo.es, indicando o voso nome, un teléfono de contacto e adxuntando algunha fotografía do material que ides levar, no caso de que sexa da vosa creación (se é roupa ou artigos de segunda man non é necesario que enviedes foto).
Lembrade que non importa se xa participastes ou non noutras edicións de Reciclaxe; é importante que nos escribades de novo.
Por outra banda, s
e queredes pinchar durante a xornada nalgún dos locais ou expoñer as vosas obras no espazo habilitado para tal fin, por favor, escribídenos ao mesmo enderezo. Estaremos encantados de contar convosco!


Benvid@s a Reciclaxe 2010

25/5/10

Queredes Reciclaxe 2010?


Ola de novo! Onte, os membros da organización de Reciclaxe tivemos unha primeira reunión para falar dun posible Reciclaxe 2010. Falamos de cambios, sorpresas, novidades... pero, antes de nada, queremos saber se tanto os que participastes nas anteriores edicións queredes repetir, como se a xente nova quere apuntarse ao carro.
Podedes deixarnos as vosas suxestións aquí ou no perfil de Facebook.

Queredes Reciclaxe 2010??

7/9/09

Moitísimas grazas a todos!


Unha vez máis, Reciclaxe foi un éxito. A organización de Reciclaxe 2009 estamos encantados e esperamos que vós, tanto os que participastes, como os que nos visitastes, como os locais onde se realizou, tamén o esteades.

Hai cen mil anécdotas que contar, pero hoxe aínda estamos coa resaca e non saberíamos por onde empezar.
Acabamos de subir algunha foto aquí pero, por favor, se tedes máis, enviádenolas a reciclaxe@yahoo.es ou a prensa.reciclaxe@gmail.com, e irémolas subindo á nosa conta de flickr.

Tamén nos gustaría que nos enviásedes ideas ou suxestións para próximas edicións de Reciclaxe. Que se podería mellorar? Onde debería ser? Que máis cousas se poderían facer? Todas, tanto os parabéns como as críticas, serán ben recibidas.

Moitas grazas, de verdade!
Repetimos?

4/9/09

Reciclaxe 2009. Programación

reciclaxe mapa


Programación RURALITA:
A partir das 12:00 h., Obradoiro de reciclaxe para nenos

Programación El Monstruo de un Solo Ojo
11:00 - 13:00 h. Fran Fatal Dj
13:00 - 15:00 h. Galis 115
19:00 - 21:00 h. Tu Mini Dj’s
21:00 - 23:00 h. Flor Non Blondes
A partir das 0:00 h., festa Reciclaxe con Linamorganfreeman Dj’s

Programación SOHO:
11:00 - 12:45 h. Toto
12:45 - 14:45 h. R Confusion & Pablo López
14:45 - 15:00 h. Vídeo (proxección do colectivo Pixel in fact)
15:00 - 16:30 h. Samu
16:30 - 17:45 h. Dawboy (live!)
17:45 - 18:00 h. Vídeo (proxección do colectivo Pixel in fact)
18:00 - 19:45 h. Fran Rodríguez
19:45 - 21:15 h. Víctor Álvarez
21:15 - 21:30 h. Vídeo (proxección do colectivo Pixel in fact)
21:30 - 23:00 h. Álex
A partir das 0:00 h., festa Reciclaxe con Onurb Zaq

Programación LOLITA
17:00 - 19:00 h. Indiebear & Dolce
19:00 - 21:00 h. Galis 115
21:00 - 23:00 h. Lagartija & DPorto aka Dogpunk
A partir das 0:00 h., festa Reciclaxe con Dj’s residentes

Programación LA CASA DE ARRIBA
13:00 - 17:00 h. Cóctel / Sesión Vermú
17:00 - 19:00 h. Donbel
19:00 - 21:00 h. Almagato
21:00 - 23:00 h. Deivi
A partir das 0:00 h., festa Reciclaxe con Zarpaelamor Dilleis

Programación VADEMECUM
11:00 - 13:00 h. Meteoro
13:00 - 15:00 h. Rober (Le Suite)
15:00 - 17:00 h. Alberto (Ningunos)
17:00 - 19:00 h. Fernando (Ningunos)
19:00 - 21:00 h. Simon Dolce
21:00 - 23:00 h. Fran & Anxo (live!)
A partir das 0:00 h., festa Reciclaxe con Dj’s residentes

(os horarios dos dj’s están suxeitos a posibles cambios de última hora)

3/9/09

Obradoiro de Reciclaxe para nenos


Reciclaxe 2009 está preparando un Obradoiro de Reciclaxe para os máis pequenos que terá lugar no Ruralita a partir das 12:00 h. e, para levalo a cabo, precisamos toda axuda posible: a todos os que teñades pensado achegarvos ao Reciclaxe pola mañá, e, sobre todo, aos que vaiades traer nenos e nenas ao obradoiro, pedímosvos que traiades todas esas cousas que, normalmente se tiran ao lixo, pero que ese día nos poden servir para facer xoguetes e disfraces: os cartóns do papel hixiénico e de cociña, as caixas dos cereais e das galletas, botellas de auga, latas de refrescos, envases de plástico, caixas de ovos, bolsas e todo o que se vos ocorra que pode valer.

Contamos con vós!