6/9/10

Mil grazas!

Desde a organización de Reciclaxe 2010 queremos dar as grazas de corazón a toda a xente dos postos, aos artistas que expuxeron a súa obra, aos dj's que pincharon estupendamente e a todos os que, dalgún xeito ou outro, formastes parte desta edición.
Grazas tamén aos 12 locais que se prestaron este ano para ser ocupados por unha chea de roupa, aneis, diademas, broches, lámpadas, mobles, bolsos, discos, cómics, televisores... porque si, este ano tivemos de todo. Grazas a El Monstruo de un Solo Ojo, El Gato Negro, Boom Boom Room, Le Suite, Golem, Lolita, Cantina Candela, O Batallón, Bauhaus, Vademecwm, La Casa de Arriba e La Fiesta de los Maniquíes.
E por suposto, moitísimas grazas tamén a toda esa xente que non deixou de visitarnos ao longo de todo o día e que nos animan a seguir con este proxecto do que, cada vez, estamos máis orgullosos.

Desde aquí, queremos pedirvos que nos fagades chegar as vosas suxestións, queixas ou o que queirades comentarnos, ben facendo un comentario nesta entrada, ben escribíndonos a reciclaxe@yahoo.es, coa fin de mellorar en vindeiras edicións, porque... repetiremos o ano que vén, non?

E por favor, se tedes fotos pedímosvos que as subades ás vosas páxinas de facebook e que nos etiquetedes como Reciclaxe Churruca. Co voso permiso, empregarémolas para promoción.

¡¡Grazas de novo e de hoxe nun ano!!

3/9/10

Todo listo para o Reciclaxe 2010

Mañá sábado 4 de setembro celebraremos en Churruca o Reciclaxe 2010.

Este é o cartel que David Sierra fixo para nós:

Reciclaxe 2010 Cartel

O mapa dos locais que colaboran:

reciclaxe 2010 mapa

A nota de prensa:

reciclaxe 2010. nota de prensa

E éste é o programa completo das actividades que imos desenvolver ao longo da xornada:

programación reciclaxe 2010

Podedes ver e descargar todo facendo click sobre as imaxes.
Pedímosvos que lle deades a maior difusión posible.

¡¡Grazas!!


¡¡Vémonos mañá en Churruca!!

2/9/10

Reciclaxe 2010. Programación

Custounos, pero por fin temos o programa completo do que será o sábado o Reciclaxe 2010: exposicións, obradoiro de reciclaxe para nenos e nenas, dj's, sesión vermú, festas pola noite e unha chea de sorpresas que só poderás saber se te achegas por alí ao longo da xornada.


programación reciclaxe 2010


Podedes descargar o programa facendo click sobre a imaxe

Eu de vós non perdería nada!!

Reciclaxe 2010. Nota de prensa

Aínda que penso que xa fixemos unha boa promoción a través dos medios e das redes sociais, déixovos a nota de prensa por se hai algún despistado.

reciclaxe 2010. nota de prensa

(Click sobre a imaxe para ampliar e descargar.)

Reciclaxe 2010 no programa El plató de TeleVigo

Onte, un dos nosos organizadores achegouse a TeleVigo para falar de Reciclaxe 2010 no programa El Plató, presentado e dirixido por Raquel Galavís.

Reciclaxe 2010 no programa "El Plató" de Televigo from Chechu on Vimeo.

Mil grazas a Raquel, a todo o seu equipo, e a Chechu por gravalo.

Festa Reciclaxe-Galego Lab na Casa de Arriba

Baixo o título Pinchadas de música, pero da boa, Reciclaxe 2010 e Galego Lab invítanvos a unha festa que terá lugar na Casa de Arriba a partir das 0:00 horas, ao remate da feira.
Promete ser unha festa moi especial porque, entre outras cousas, a pinchada será maioritariamente de música en galego.

Se queda alguén que pensa que nos somos capaces, que veña comprobalo.


Podedes ler toda a info premendo nesta ligazón.

Pola súa banda, o Club Vademecwm tamén despide este Reciclaxe 2010 con outra festa, esta vez a partir das 2:00 h. da madrugada, a cargo dos Ningunos Dj's.


¡¡Vémonos por ali!!

1/9/10

Exposicións Reciclaxe 2010

Este ano son tres os locais que acollerán as exposicións do Reciclaxe 2010:
Le Suite, no que, ademais de admirar a obra de Alba Pardo, Marta Álvarez, Nuria Figueiredo, Sara Goberna, Betty Blue e Ana Müller, artistas como Antía Sánchez estarán pintando en directo; La Fiesta de los Maniquíes, onde exporán as súas fotografías Alicia Carrera e Noemí Díaz Patiño, e Ruralita (anexo Vademecwm), no que os membros da Asociación Amalgama - Centro de Gravedad Permanente montarán o campamento base cun montón de material da súa creación.

Tamén poderedes admirar os orixinais que serviron para facer toda a cartelería e a imaxe deste Reciclaxe 2010, obra de David Sierra, así como as videoproxeccións das gravacións en directo que farán os nosos amigos do Grupo Hedonista.

As fotos son das exposicións de o ano pasado no Rura e da videoproxección de Juanma Lodo

Esta noite, Reciclaxe 2010 en TeleVigo

Este é o plano do barrio de Churruca onde podedes localizar todos os locais que participan este ano no Reciclaxe 2010: El Monstruo de un Solo Ojo, El Gato Negro, Boom Boom Room, Le Suite, Golem, Lolita, Cantina Candela, O Batallón, Bauhaus, Vademecwm, La Casa de Arriba e La Fiesta de los Maniquíes.

(Click sobre a imaxe para ampliala)

Estará pegado na porta de cada un dos locais para que fagades o voso propio percorrido, así que non tedes perda!

E esta noite, a partir das 11:00 h., Reciclaxe 2010 en TeleVigo