25/7/10

Pide xa o teu posto para o Reciclaxe 2010

Reciclaxe dáche a oportunidade de montar o teu propio posto de venda nesta terceira edición que se celebrará o vindeiro sábado 4 de setembro nalgúns locais (aínda por confirmar) do barrio vigués de Churruca. Se queres vender a roupa que xa non che cabe no armario, os broches ou as camisetas que fas ti mesm@ de xeito artesanal, os mobles que xa non queiras, cómics, vinilos, cd's... ou mesmo se tes unha tenda e queres desfacerte de pezas de coleccións pasadas, Reciclaxe 2010 é o espazo ideal para montar o teu outlet. Tendas como West Peak, La Churrería, Banda Deseñada ou xente como SinSal xa colaboraron connosco nas dúas pasadas edicións e, esperamos, repitan nesta.


Montar un posto no Reciclaxe 2010 é totalmente de balde; só tes que solicitalo enviándonos un mail ao enderezo electrónico reciclaxe@yahoo.es, indicando o teu nome, o que queres vender, algunha fotografía do material (só no caso de que sexa feito por vós) e un teléfono de contacto. A organización de Reciclaxe 2010 poñerase en contacto convosco en canto poida.
A día de hoxe xa temos unha morea de solicitudes novas, o que quere dicir que, en breve, pecharemos o prazo.
E se xa participaches nas edicións pasadas de
Reciclaxe, lembra que debes escribirnos igual para avisarnos de que queres repetir.

Moitas grazas e animádevos!! Este ano, Reciclaxe 2010 máis grande e mellor

No hay comentarios: