

Pechamos os micros, que dirían por aí, e comunicámosvos que todos os que solicitastes posto ata a data de hoxe para o Reciclaxe 2009 estades aceptados. Penso que xa vos contestamos por mail pero, se alguén se nos escapou, por favor, que nolo faga saber.
Por outra banda, o venres 21 ás 20:00 horas faremos unha reunión en La Casa de Arriba (Martín Códax, 23 - Vigo) e pregamos a vosa asistencia (os que non poidan vir que nolo fagan saber tamén). Alí falaremos da ubicación que lle corresponde a cada un, do que podedes e debedes traer, das normas a cumprir e de todo o que vaia xurdindo no momento.
Ese mesmo venres, ás 23:00 horas, terá lugar no Vademecum (Iglesias Esponda, 30 - Vigo) unha festa presentación do Reciclaxe 2009 da que xa iremos dando novas ao longo desta semana; adiantamos que tocarán en directo membros dalgunhas das principais bandas galegas e que, logo, ao redor da 1 da mañá, a festa continuará en La Casa de Arriba cunha pinchada a cargo dos Zarpaelamor dilleis.
Estades todos convidados!