16/8/09

Pechado o prazo de solicitude de postos para o Reciclaxe 2009


Pechamos os micros, que dirían por aí, e comunicámosvos que todos os que solicitastes posto ata a data de hoxe para o Reciclaxe 2009 estades aceptados. Penso que xa vos contestamos por mail pero, se alguén se nos escapou, por favor, que nolo faga saber.

Por outra banda, o venres 21 ás 20:00 horas faremos unha reunión en La Casa de Arriba (Martín Códax, 23 - Vigo) e pregamos a vosa asistencia (os que non poidan vir que nolo fagan saber tamén). Alí falaremos da ubicación que lle corresponde a cada un, do que podedes e debedes traer, das normas a cumprir e de todo o que vaia xurdindo no momento.

Ese mesmo venres, ás 23:00 horas, terá lugar no Vademecum (Iglesias Esponda, 30 - Vigo) unha festa presentación do Reciclaxe 2009 da que xa iremos dando novas ao longo desta semana; adiantamos que tocarán en directo membros dalgunhas das principais bandas galegas e que, logo, ao redor da 1 da mañá, a festa continuará en
La Casa de Arriba cunha pinchada a cargo dos Zarpaelamor dilleis.

Estades todos convidados!

6 comentarios:

Sonidos Espaciales dijo...

No, los zarpa noooooooooo... jajaja...

Lidia Greenland and Xoana Doofenshmirtz dijo...

Ola!Descubrimos a vosa existencia a través da revista Dot, e o voso traballo tennos moi boa pinta!Somos de Vigo, e temos un blog de tendencias, nel falamos de vós e puxemos un link do voso blog: http://greendoof.blogspot.com

Estamos desexando ir!!Que pena que nos enteramos da posibilidade de participación cando xa era tarde.Se queredes contar con nós para axudarvos nalgunha tarea que envolva Reciclaxe 09 non o dubidedes!Seguide así!Alí nos veremos!

Reciclaxe dijo...

moitas grazas!!
non vos preocupedes, repetiremos.
e presentádevos se pasades por alí.

Reciclaxe dijo...

fran, tú a callar!

Anónimo dijo...

reciclaxes!
somos alberto e vanesa, de lola b! vos rematamos de enviar un mail a prensa.rec...

xa nos contaredes
un biquiño!

xa falta pouco! seguro que o pasamos tan ben coma o ano pasado!

Anónimo dijo...

Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now. Keep it up!
And according to this article, I totally agree with your opinion, but only this time! :)