23/8/11

FESTA PRESENTACIÓN RECICLAXE 2011



O Reciclaxe 2011 preséntase este xoves 25 cos concertos de Fluzo e Guerrera en La Fábrica de Chocolate de Vigo

O multievento Reciclaxe na súa edición de 2011 preséntase este xoves, día 25, cos concertos de Fluzo e Guerrera, en La Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde, 22), ubicada no popular barrio de Churruca. As entradas estarán á venda na porta e terán un custe de 5 euros.

Ademais, as primeiras 50 entradas terán un agasallo en forma de galleta, que Mmmh! Tartas de Bea elaborará coa ocasión desde evento en especial.

Tamén haberá un sorteo de dúas entradas para o festival Metamovida , colaboradores do Reciclaxe, e de camisetas e bolsas conmemorativas desta edición.

Con esta cita musical, o Reciclaxe 2011 comeza a súa andaina para rematar o sábado día 3 de setembro cos actos centrais deste evento, entre os que se atopan exposicións, mostras, obradoiros e a razón da súa existencia, o mercadillo.

FLUZO

Fluzo representan a vertiente máis experimental e renovadora do hip hopnacional. Fluzo son Javi e Hevi. Javier Álvarez, artista e productor de longa traxectoria tras nomes coma Néboa, Bravido ou Dúo Cobra. Hevi (Malandrómeda, Non Residentz, Juanito Broders) seguramente é un dos mellores MCs en lingua galega . No seu proxecto en común, a vella escola dase a mano con IDM, a música de 8bits, o low-fi e o jazz experimental. Contrabaixos ó lado de casiotones modificados, ventos que se comunican con sintetizadores monofónicos, commodores que falan e gameboys mutantes codeándose con hammons e vibráfonos.. Eles o teñen claro, "é o regreso do rap do futuro. Pode que non entendades esta música, pero vaille encantar as vosas fillas".


GUERRERA

A mezcla de blues, stoner e psicodelia que suda este grupo enriba do escenario, faite viaxar dende o trance hipnótico das partes repetitivas a cabalgadas rítmicas interminables, pasando por duelos de guitarras ou sos de armónica. Formada por catro compoñeentes que veñen de tocar en bandas coma Ictus, Hollywater ou CUZO.


PANDA JARRAI DJ SET

PANDA é Alberto Baamonde e JARRAI é Santi Jarrai, xuntos forman este dúo rompepistas, destroza cadeiras, e desencaixa mandíbulas, moitos son os calificativos que acompañan a “Panda Jarrai” durante os máis de 15 anos de existencia nos escenarios de media Galicia. O dúo vigués ten preparada para a festa de presentación do Reciclaxe 2011 unha sesión “neomonumental” para o desparrame e despiporre da parroquia.



VÉMONOS O XOVES!!!

No hay comentarios: