9/7/12

Aqui temos a sorpresa que vos prometimos !!

Xa lle podedes por cara á Organización do Reciclaxe Churruca...! Non queda nada para publicar a data da edición 2012, asi que estade atentos porque queda nada, mentras seguimos traballando no PortAmérica

Vémonos ali !!



6/7/12


Seguimos co noso Facebook de sempre, pero actualizamos o material fotográfico coas fotos da edición pasada


8/12/11

Por problemas burocráticos a Organización decidiu cancelar a edición de Nadal do Reciclaxe. O ingreso do diñeiro será devolto canto antes, xa que a cancelación do evento é por parte da Organización. Contactade connosco vía email, por favor. Esperamos chegar a próxima edición con moita forza e aínda máis novedades. De novo moitísimas moitísimas grazas a todos pola entrega diaria e mil disculpas.

Saúdos, a Organización do Reciclaxe

2/9/11

MAPA RECICLAXE

Xa temos mapa para que ninguén se nos perda. Mañá daremos máis información de horarios e actividades, ...


1/9/11

OS LOCAIS DEFINITIVOS SON:

LA RESERVA, LA FIESTA DE LOS MANIQUÍES, BOOMBOOM ROOM, IRMANDIÑOS, EL GOLEM con exposicións artísticas, BLACKBALL, EL GATO NEGRO, LA FÁBRICA DE CHOCOLATE, BIZARRE con exposicións artísticas, MOGAMBO, O BATALLÓN, CANTINA CANDELA, LA CASA DE ARRIBA, PLAYMOVIL, MINIPLAY con exposicións artísticas, EL MONSTRUO DE UN SOLO OJO e LA ESTRELLA...

Por favor, precisamos a máxima difusión posible nos locais, xa que hai algunha baixa e novas incorporacións !!

28/8/11

Estamos a traballar nesta bonita tarde de domingo na repartición dos locais dos 120 participantes desta edición do Reciclaxe Churruca. Pero parecer ser que hai problemas coa banca electrónica e non podemos acceder a ela e comprobar os pagos. Intentamos facer a repartición estar tarde, pero non hai maneira... Pedimos disculpas a todos por non poder enviar o email de confirmación de locais, ¡ pero non podemos facer nada !

Se alguén mañán non recibe ningún mail, por favor chamade a calquera dos dous móbiles que tedes nas normas, de este xeito, será máis rápida a xestión.

¡¡ Graciñas a todos e a prepararse para o sábado !!

23/8/11

FESTA PRESENTACIÓN RECICLAXE 2011



O Reciclaxe 2011 preséntase este xoves 25 cos concertos de Fluzo e Guerrera en La Fábrica de Chocolate de Vigo

O multievento Reciclaxe na súa edición de 2011 preséntase este xoves, día 25, cos concertos de Fluzo e Guerrera, en La Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde, 22), ubicada no popular barrio de Churruca. As entradas estarán á venda na porta e terán un custe de 5 euros.

Ademais, as primeiras 50 entradas terán un agasallo en forma de galleta, que Mmmh! Tartas de Bea elaborará coa ocasión desde evento en especial.

Tamén haberá un sorteo de dúas entradas para o festival Metamovida , colaboradores do Reciclaxe, e de camisetas e bolsas conmemorativas desta edición.

Con esta cita musical, o Reciclaxe 2011 comeza a súa andaina para rematar o sábado día 3 de setembro cos actos centrais deste evento, entre os que se atopan exposicións, mostras, obradoiros e a razón da súa existencia, o mercadillo.

FLUZO

Fluzo representan a vertiente máis experimental e renovadora do hip hopnacional. Fluzo son Javi e Hevi. Javier Álvarez, artista e productor de longa traxectoria tras nomes coma Néboa, Bravido ou Dúo Cobra. Hevi (Malandrómeda, Non Residentz, Juanito Broders) seguramente é un dos mellores MCs en lingua galega . No seu proxecto en común, a vella escola dase a mano con IDM, a música de 8bits, o low-fi e o jazz experimental. Contrabaixos ó lado de casiotones modificados, ventos que se comunican con sintetizadores monofónicos, commodores que falan e gameboys mutantes codeándose con hammons e vibráfonos.. Eles o teñen claro, "é o regreso do rap do futuro. Pode que non entendades esta música, pero vaille encantar as vosas fillas".


GUERRERA

A mezcla de blues, stoner e psicodelia que suda este grupo enriba do escenario, faite viaxar dende o trance hipnótico das partes repetitivas a cabalgadas rítmicas interminables, pasando por duelos de guitarras ou sos de armónica. Formada por catro compoñeentes que veñen de tocar en bandas coma Ictus, Hollywater ou CUZO.


PANDA JARRAI DJ SET

PANDA é Alberto Baamonde e JARRAI é Santi Jarrai, xuntos forman este dúo rompepistas, destroza cadeiras, e desencaixa mandíbulas, moitos son os calificativos que acompañan a “Panda Jarrai” durante os máis de 15 anos de existencia nos escenarios de media Galicia. O dúo vigués ten preparada para a festa de presentación do Reciclaxe 2011 unha sesión “neomonumental” para o desparrame e despiporre da parroquia.



VÉMONOS O XOVES!!!

21/8/11

XA TEMOS CARTEL!!

Debido á gran demanda de xente que quere participar no Reciclaxe, vímonos obrigados a sumar máis bares a esta gran familia, é un orgullo para nós crecer así de rápido, e sempre tan ben rodeados.

Aquí vos presentamos o cartel definitivo (obra coma sempre do noso querido davEnlaceid sierra). Pregámosvos que lle deades a máxima difusión posible imprimíndoo e pegándoo onde vos pareza, subíndoo ao voso blog, facebook, twitter, etc. Grazas de antemán!


Os bares que participan este ano son:
LA CASA DE ARRIBA, PLAYMOBIL, MINIPLAY, BAUHAUS, GOLEM, BIZARRE, LOLITA, CANTINA CANDELA, O BATALLÓN, LA FÁBRICA DE CHOCOLATE, LA FIESTA DE LOS MANIQUÍES, LA RESERVA, EL GATO NEGRO, BOOM BOOM ROOM, MOGAMBO e BLACKBALL, todos están no barrio de Churruca.

A repartición de postos non estará lista ata a semana próxima, xa que tivemos que ampliar o prazo de inscripción ata o martes 23, así que pedimos un pouco de paciencia.

18/8/11


Primeiro agradecer a compañía e a atención na reunión desta tarde. Sentimos si estivemos un pouco espesos, pero canta máis cercana é a data, máis traballo hai.


Pero bueno, comezamos a informar ós que non pudéchedes vir esta tarde:

  • Os locáis definitivos escribirémolos mañán no FB e neste blog
  • A repartición dos locáis será o martes 23 de agosto, se tedes algunha preferencia de local, por favor, escribídeo ó mail (reciclaxe.churruca@gmail.com)
  • O ingreso da cuota por stand deberá facerse antes do domingo 21 de agosto, por favor
  • Os locáis para as exposicións determinarémolos o martes 23 de agosto
  • A repartición dos DJ´S será enviada a cada dilléi por privado na semana do 29 de agosto
  • Acordádevos de acumular lixo reciclado para o taller de nenos e nenas do 3 de setembro no Miniplay (antigo Ruralita)
  • Xa sabedes, se tedes recortes, noticias gardadas de internet, traédeas o 3 de setembro e as colgaremos no tablón que situaremos na parede do Bauhaus !
  • A xente que non envíe mail NON TERÁ DEREITO A ESTAR O 3 DE SETEMBRO EN NINGÚN LOCAL

Polo demáis, pregamos un pouquiño de paciencia e que si tedes algunha dúbida POR FAVOR, enviade mails ou chamade, non hai problema !! Grazas e un saúdo a todos.


¡¡Falta pouco para reciclar!!

16/8/11



Xa queda pouquiño para o Reciclaxe deste ano e para iso estamos ultimando temas. Polo que informamos por aqui tamén que: este mércores 17 de agosto a iso das 19,30 h., na Casa de Arriba ( Martín Códax 3, Vigo ) faremos unha pequena reunión para aclarar dúbidas e falar un pouco do que é Reciclaxe Churruca. Non imos a obrigar a ninguén a asistir, pero é unha ocasión perfecta para coñecernos e falar de temas importantes do Reciclaxe.

Recordamos tamén que o domingo 21 de agosto pechamos o prazo de inscrición, asi que...¡¡bulir, que non queremos que ninguén quede fora!! Xa sabedes, para calquera cousa: reciclaxe.churruca@gmail.com


19/7/11

Reciclaxe 2011 ten novo enderezo electrónico

AVISO IMPORTANTE: se queredes participar no Reciclaxe 2011, tanto montando un posto, como pinchando, expoñendo a vosa obra ou colaborando de calquera outro xeito, tedes que enviarnos OBRIGATORIAMENTE un mail ao novo enderezo electrónico reciclaxe.churruca@gmail.com. Non vale que vos apuntedes na páxina de Facebook, nos mails das edicións anteriores, nin a través de calquera outro método. Só responderemos á xente que o faga a reciclaxe.churruca@gmail.com.


Por outra banda, pregámoslles aos locais que queiran colaborar tamén nesta nova edición de Reciclaxe que se poñan en contacto connosco, preferentemente por teléfono.

Perdoade as molestias que poidamos causar, pero pensade que isto facémolo só coa intención de mellorar e que Reciclaxe 2011 sexa o mellor dos que levamos feitos ata o de agora. Grazas!!

14/7/11

Reciclaxe 2011. Comezamos!

Amigos, a organización de Reciclaxe xa se puxo en marcha para ofrecervos un novo Reciclaxe 2011 nos bares e nas rúas de Churruca. Aínda é moi cedo para saber con cantos locais e con cantos postos imos contar... O que xa podemos adiantar é que, coma sempre, será o primeiro sábado de setembro (día 3) e que, se queredes participar, xa podedes apuntarvos desde hoxe mesmo no seguinte enderezo: reciclaxe.churruca@gmail.com.
Moito ollo porque o enderezo electrónico deste ano é diferente ao das pasadas edicións, e non atenderemos a ningunha petición que chegue aos anteriores.


Xa sabes, se queres montar un posto, pinchar ou expoñer a túa obra, envíanos un mail cun pequeno texto e algunha fotografía a Reciclaxe 2011 e contestarémosche en canto poidamos. O número de postos é limitado e por estricta orde de admisión, o que quere dicir que, canto antes vos apuntedes, máis posibilidades teredes de participar no Reciclaxe 2011. E seguide atentos ao blog e á nosa páxina do facebook para estar informados de todo.
Agora si, comezamos!!!

6/9/10

Mil grazas!

Desde a organización de Reciclaxe 2010 queremos dar as grazas de corazón a toda a xente dos postos, aos artistas que expuxeron a súa obra, aos dj's que pincharon estupendamente e a todos os que, dalgún xeito ou outro, formastes parte desta edición.
Grazas tamén aos 12 locais que se prestaron este ano para ser ocupados por unha chea de roupa, aneis, diademas, broches, lámpadas, mobles, bolsos, discos, cómics, televisores... porque si, este ano tivemos de todo. Grazas a El Monstruo de un Solo Ojo, El Gato Negro, Boom Boom Room, Le Suite, Golem, Lolita, Cantina Candela, O Batallón, Bauhaus, Vademecwm, La Casa de Arriba e La Fiesta de los Maniquíes.
E por suposto, moitísimas grazas tamén a toda esa xente que non deixou de visitarnos ao longo de todo o día e que nos animan a seguir con este proxecto do que, cada vez, estamos máis orgullosos.

Desde aquí, queremos pedirvos que nos fagades chegar as vosas suxestións, queixas ou o que queirades comentarnos, ben facendo un comentario nesta entrada, ben escribíndonos a reciclaxe@yahoo.es, coa fin de mellorar en vindeiras edicións, porque... repetiremos o ano que vén, non?

E por favor, se tedes fotos pedímosvos que as subades ás vosas páxinas de facebook e que nos etiquetedes como Reciclaxe Churruca. Co voso permiso, empregarémolas para promoción.

¡¡Grazas de novo e de hoxe nun ano!!

3/9/10

Todo listo para o Reciclaxe 2010

Mañá sábado 4 de setembro celebraremos en Churruca o Reciclaxe 2010.

Este é o cartel que David Sierra fixo para nós:

Reciclaxe 2010 Cartel

O mapa dos locais que colaboran:

reciclaxe 2010 mapa

A nota de prensa:

reciclaxe 2010. nota de prensa

E éste é o programa completo das actividades que imos desenvolver ao longo da xornada:

programación reciclaxe 2010

Podedes ver e descargar todo facendo click sobre as imaxes.
Pedímosvos que lle deades a maior difusión posible.

¡¡Grazas!!


¡¡Vémonos mañá en Churruca!!

2/9/10

Reciclaxe 2010. Programación

Custounos, pero por fin temos o programa completo do que será o sábado o Reciclaxe 2010: exposicións, obradoiro de reciclaxe para nenos e nenas, dj's, sesión vermú, festas pola noite e unha chea de sorpresas que só poderás saber se te achegas por alí ao longo da xornada.


programación reciclaxe 2010


Podedes descargar o programa facendo click sobre a imaxe

Eu de vós non perdería nada!!

Reciclaxe 2010. Nota de prensa

Aínda que penso que xa fixemos unha boa promoción a través dos medios e das redes sociais, déixovos a nota de prensa por se hai algún despistado.

reciclaxe 2010. nota de prensa

(Click sobre a imaxe para ampliar e descargar.)

Reciclaxe 2010 no programa El plató de TeleVigo

Onte, un dos nosos organizadores achegouse a TeleVigo para falar de Reciclaxe 2010 no programa El Plató, presentado e dirixido por Raquel Galavís.

Reciclaxe 2010 no programa "El Plató" de Televigo from Chechu on Vimeo.

Mil grazas a Raquel, a todo o seu equipo, e a Chechu por gravalo.

Festa Reciclaxe-Galego Lab na Casa de Arriba

Baixo o título Pinchadas de música, pero da boa, Reciclaxe 2010 e Galego Lab invítanvos a unha festa que terá lugar na Casa de Arriba a partir das 0:00 horas, ao remate da feira.
Promete ser unha festa moi especial porque, entre outras cousas, a pinchada será maioritariamente de música en galego.

Se queda alguén que pensa que nos somos capaces, que veña comprobalo.


Podedes ler toda a info premendo nesta ligazón.

Pola súa banda, o Club Vademecwm tamén despide este Reciclaxe 2010 con outra festa, esta vez a partir das 2:00 h. da madrugada, a cargo dos Ningunos Dj's.


¡¡Vémonos por ali!!