19/7/11

Reciclaxe 2011 ten novo enderezo electrónico

AVISO IMPORTANTE: se queredes participar no Reciclaxe 2011, tanto montando un posto, como pinchando, expoñendo a vosa obra ou colaborando de calquera outro xeito, tedes que enviarnos OBRIGATORIAMENTE un mail ao novo enderezo electrónico reciclaxe.churruca@gmail.com. Non vale que vos apuntedes na páxina de Facebook, nos mails das edicións anteriores, nin a través de calquera outro método. Só responderemos á xente que o faga a reciclaxe.churruca@gmail.com.


Por outra banda, pregámoslles aos locais que queiran colaborar tamén nesta nova edición de Reciclaxe que se poñan en contacto connosco, preferentemente por teléfono.

Perdoade as molestias que poidamos causar, pero pensade que isto facémolo só coa intención de mellorar e que Reciclaxe 2011 sexa o mellor dos que levamos feitos ata o de agora. Grazas!!

14/7/11

Reciclaxe 2011. Comezamos!

Amigos, a organización de Reciclaxe xa se puxo en marcha para ofrecervos un novo Reciclaxe 2011 nos bares e nas rúas de Churruca. Aínda é moi cedo para saber con cantos locais e con cantos postos imos contar... O que xa podemos adiantar é que, coma sempre, será o primeiro sábado de setembro (día 3) e que, se queredes participar, xa podedes apuntarvos desde hoxe mesmo no seguinte enderezo: reciclaxe.churruca@gmail.com.
Moito ollo porque o enderezo electrónico deste ano é diferente ao das pasadas edicións, e non atenderemos a ningunha petición que chegue aos anteriores.


Xa sabes, se queres montar un posto, pinchar ou expoñer a túa obra, envíanos un mail cun pequeno texto e algunha fotografía a Reciclaxe 2011 e contestarémosche en canto poidamos. O número de postos é limitado e por estricta orde de admisión, o que quere dicir que, canto antes vos apuntedes, máis posibilidades teredes de participar no Reciclaxe 2011. E seguide atentos ao blog e á nosa páxina do facebook para estar informados de todo.
Agora si, comezamos!!!